Lentellas ó estilo da miña nai

26 11 2008

Ingredientes:

-Lentellas

-Pemento verde ou vermello

-Zenoria

-Media cebola

-Chourizo, panceta e morcela

-Pataca e loureiro

Como se fai?

Semella doado!

Enchemos unha pota de auga ata a metade. Botamos o chourizo, a morcela, a panceta, media cebola (cortada en dous trozos, é dicir, dous cuartos de cebola), unha zenoria ben troceadiña, medio pemento ben cortado e un plato fondo de lentellas (non cheo de todo).

Botamos todo iso en auga fría. Poñemos a lume lento i esperamos uns 20 minutos UNHA VEZ COMECE A FERVER. A continuación botamos unha pataquiña cortadiña en trozos pequenos! Botámoslles unha pouca de sal. Esperamos uns dez minutos. Probamos quizáis antes de botar as patacas para ver que tal van as lentellas. Debemos de pór un lume medio durante todo o proceso.

Logo cortamos o chourizo e a morcela en trociños pequenos!

E a xantar!!!

Espero que vos sexa doado!

Pablo


Accións

Información

3 respostas

27 11 2008
Andreu

Que bé!! Aquest post m’ha agradat molt! Compartir receptes mola, n’hauré de pensar alguna per tornar-te a canvi.
Per cert, ja estàs enllaçat a l’horta~melnik~vinhais!
Fins aviat, unha apertiña!

27 11 2008
pablomargareto

Jajaja! Moi ben logo! Agardo con ansia algunha receita ó estilo catalán!
Estou comezando a facer pinitos coa miña cociña! Onte fíxennas, e por certo semellan moi apetecibles, nembargantes hoxe toca xantalas! Xa vos contarei… jajaja!

Un saúdo meu!

Pablo

28 11 2008
Tzesire

Sen a lume non quedan tan bonas :(

Deixa un comentario