Ingredientes:
-Lentellas
-Pemento verde ou vermello
-Zenoria
-Media cebola
-Chourizo, panceta e morcela
-Pataca e loureiro
Como se fai?
Semella doado!
Enchemos unha pota de auga ata a metade. Botamos o chourizo, a morcela, a panceta, media cebola (cortada en dous trozos, é dicir, dous cuartos de cebola), unha zenoria ben troceadiña, medio pemento ben cortado e un plato fondo de lentellas (non cheo de todo).
Botamos todo iso en auga fría. Poñemos a lume lento i esperamos uns 20 minutos UNHA VEZ COMECE A FERVER. A continuación botamos unha pataquiña cortadiña en trozos pequenos! Botámoslles unha pouca de sal. Esperamos uns dez minutos. Probamos quizáis antes de botar as patacas para ver que tal van as lentellas. Debemos de pór un lume medio durante todo o proceso.
Logo cortamos o chourizo e a morcela en trociños pequenos!
E a xantar!!!
Espero que vos sexa doado!
Pablo
